-???-
Benvidos á web de ARISTOS, centro de estudios ubicado en Vigo, na zona
comercial do Calvario. Nacimos no ano 1987 e, dende entón,
convertímonos nun referente nas clases de reforzo e
recuperación.
Esta web é unha decidida aposta polas novas tecnoloxías.
Pensando en facilitarche a túa tarefa diaria, incluimos
dúas seccións importantes: unha, denominada
Material Didáctico,
á que podes acceder libremente; á outra
chamámoslle Ligazóns, donde
recollemos unha serie de páxinas cuios contidos che poden
resultar de gran utilidade. De todos modos, se che xorde algunha
dúbida, se buscas algo e non o atopas ou se observas
algún erro, dínolo e subsanarémolo de inmediato.
Como non podía ser doutro xeito, tamén pensamos que non
todo vai ser estudiar. Na sección
Lecer atoparás
unha
serie de curiosidades, pasatempos e divertimentos que de seguro
che arrincarán un bo sorriso ou que porán todo o teu
inxenio en marcha.
Se queres convertir esta páxina na túa páxina de inicio, preme aquí:
Se queres engadila a favoritos
ou marcadores, é aquí onde
debes premer:
Dito isto, ponte cómodo, pasa e sírvete. Estás na
túa casa.